lunes, 16 de noviembre de 2015

A clase de 4 anos tamén co corpo e os sentidos.

Agradecementos ao noso conserxe.

O noso conserxe está acondicionando a zona de xogos para os días de choiva. Ampliouse a tarima no chan para que non teñamos que xogar aos coches, aos legos ou ler contos sentados no chan de plaqueta que resulta frío. Ademais está poñendo repisas para que poidamos colocar moi ben os xoguetes. Grazas.
Aproveitando os contidos sobre o tacto probamos a diferencia quente-frío.

lunes, 9 de noviembre de 2015

O sentido do olfato.

Estamos a estudar os sentidos. Aquí nos vedes ulindo algodóns, uns con perfume e outros non.

A cabeza.

Estas son algunhas das creacións plásticas sobre a nosa cabeza. Hainas de todas as idades. Segundo imos interiorizando contidos así os plasmamos.