miércoles, 9 de diciembre de 2015

Últimos traballiños do trimestre.

Esta semana traballamos moito de xeito colectivo. Mentres uns fan cornos, outros pintan bolas, outros fan o Rudolf.... E logo cambiamos de postos.
Así están as aulas. Xuntamos a todo o alumnado e traballamos en equipo, algo moi proveitoso.
Esperamos rematar esta semana cos traballiños para, na vindeira semana, facer taller de cociña de Nadal, ensaiar a panxoliña, facer un photocall de Nadal,... E por suposto.... Recoller ben as aulas para que os Reis nos deixen algo.

viernes, 4 de diciembre de 2015

Núneros por todas partes.

Recunchiños desta semana.

Abrigando aos bonecos do frío, collendo con pinzas flocos de millo de cores e asociando cantidades a grafías, xogando con plantillas de figuras xeométricas e facendo seriacións. Estas son as tarefiñas desta semana.

Calendario de nadal.

Na asamblea, o encargado/a do día, terá que abrir a ventá do día correspondente e comer o chocolate que alí se agocha. Un xeito divertido de xogar cos números dende o 1 ata o 24.