miércoles, 19 de octubre de 2016

Máis traballiňos do outono.

Aquí seguimos traballando con elementos e contidos de outono así como outros aspectos: escritura, simetría, motricidade fina,....

martes, 18 de octubre de 2016

Castiňeiros do Courel....

Estamos a estudiar o castiňeiro e que mellor que recompoňer un. Con unha rama que atopamos, unhas follas de castiňeiro que observamos para ser quen de diferencialo, uns ourizos e unhas castaňas e algo de plastilina....así de chulo nos quedou. Comentario de un neno..." profe...coa  plastilina vermella parece unha tomateira" 😂 😂 😂 culpa miňa que engaňeime e pensei que a plastilina era marrón.

viernes, 14 de octubre de 2016

Empezando os contidos.

Empezando os contidos, neste caso matemáticos. Baseádonos no método Abn imos iniciándonos con conceptos como moito_pouco, xunto_separado. Pode parecer algo básico, que calquera diría..."o meu fillo eso xa o sabe"pero podo asegurar que son conceptos que os nenos non teňen ben adquiridos e non saben aplicar, e cando o básico faia...

O outono no Courel.

Como xa saberedes este curso o proxecto da biblioteca trata do turismo. Nas aulas de infantil acordamos facer turismo por Galicia. Desde xeito iniciamos a viaxe dende Lalín á Serra do Courel onde viviremos o outono, e o Nadal.
Aquí estamos ubicándonos e traballando con imaxes de outono.
Para os que quieran dar un regalo aos ollos recomendamos ver en YouTube o vídeo "Courel son de terra" especialmente no minuto 5,17 onde se mostra o outono no Courel  baixo os versos de Novoneyra.
A os peques encántalles.