jueves, 12 de abril de 2018

Completa actividade.

Iniciamos o día con unha actividade conxunta e moi completa, ordear entre todos o armario da roupa.
Primeiro puxemos toda a roupa remexida no chan e iniciamos a clasificación atendendo a... Camiseta manga longa- curta, pantalón grande- pequeno,... Así traballamos a atención, conceptos matemáticos de tamaño, ... Posteriormente dobramos cada prendae pouquiño a pouco e entre todos... Ordeamos o armario do corredor.

Reincorporados.

Xa de volta das vacacións traballando- sumas con material manipulativo, clasificación de cores, medidas y distancias, letras e vocabulario,... E momentiños de lecer, especialmente os pequerrechiños de tres anos que xa organizan xogos grupais.

sábado, 7 de abril de 2018

Pintando na area

Aproveitando o único día de sol, os de catro anos escribiron na area do patio, palabras que empezan pola letra do seu nome. Esta actividade está ligada al conto "o abecedario"



Novos recantos de xogo simbólico.

Nunha aula montamos un salón de beleza, con mans de cartolina para pintar as uñas, coas xoias que enviástedes as familias, con pinturas,... Na outra aula, o noso superconserxe fixo un fermoso banco de traballo.