miércoles, 30 de octubre de 2013

Bruxa piruxa.

Hoxe fixemos fotos dos nenos e nenas de bruxa piruxa, metendo a cabeza nunha fermosa silueta que fixo a profe Silvia. Na vindeira semana esperamos mandar ás casas a foto de cada neno impresa.

martes, 29 de octubre de 2013

Samaín.

Como xa sabedes o xoves  non hai escola. Sería interesante que cos  vosos fillos disfrutárades estes catro días festivos vendo o blog e incluso facendo nas casas actividades das que se amosan.
Vémonos o luns día 4 de novembro.

Cociñando doces de Samaín.

Estes días estivemos a facer doces de Samaín, concretamente arañas de galletas e os de cinco tamén fixeron xelatina en forma de cabazas.
Pasámolo moi ben, puxémonos "as botas" a comer nocilla. Falamos da importancia de comer san,...
Moitos pais poidéstedes ver e saborear estes doces na casa.
Para aqueles que xa os comeron na clase deixámosvos a mostra en imaxe, aínda que algunhas fotos sairon algo borrosas xa que a nocilla chegou ao obxectivo da cámara.

Máis momentos nos recunchos.

Estas son as actividades que, por recunchos, realizamos na aula esta semana.  Sempre temos presente os centros de interese que estamos a traballar e o proxecto da agricultura. Nestas imaxes podedes ver aos vosos fillos peneirando fariña e millo co cribo e a peneira, pescando noces e pébedas das cabazas, estampando palabras relacionadas co Samaín, con tampóns de letras, facendo puzzles de encaixe ou manexando o ordenador.