viernes, 31 de enero de 2014
jueves, 30 de enero de 2014
Día da Paz.
Hoxe celebramos o día da Paz comendo, antes do recreo, pombas de millo que os peques viron facer. Ademais falamos do que é a Paz e, novamente, da carreira solidaria que mañá faremos e da charla e presentación que mañá venres teremos no cole e á que estades todas as familias convidadas a vir ás 11:45.
Recunchiños dos de cinco anos.
Seguimos tendo como protagonista dos recunchos á eiruga comellona. Por iso pintamos as froitas que comeu, facemos unha eiruga con papiroflexia, xogamos co taboleiro da eiruga traballando as matemáticas...
miércoles, 29 de enero de 2014
Cociñando con plasti.
Como todos os mércores, pola tarde, traballamos con plasti. No primeiro trimestre sentímola, cheirámola, aprendemos a ablandala, a facer churros, bolas, ... e moito xogo libre con ela.
Agora, neste trimestre centrámonos na imitación dun modelo como base da aprendizaxe. Primeiro ESCOITAMOS-ATENDEMOS a explicación, os pasos a dar. Logo CREAMOS. Finalmente PRESENTAMOS o traballo.
Como estamos co tema dos alimentos pois.... cociñamos con plasti!!!. A semana pasada fixemos tortas con 4 candeas. Este miércores tortillas recheas de patacas.
Co paso do tempo tentaremos facelo xa respetando as cores da plasti ( con máis cores e máis concretas) e non mesturando.