Hoxe celebramos o baile de entroido. Non sabemos como chegaron os vosos fillos ás casas, nos acabamos agotadas!!! Jjjjj.
Pasámolo moi ben. Bailamos, xogamos e rematamos a festa con piñatas cheas de lamberetadas.
Voltamos o xoves con unha sorpresa na biblioteca para os cativos.
Que teñades un bo entroido.
viernes, 28 de febrero de 2014
Feliz entroido.
martes, 25 de febrero de 2014
RECUNCHOS CON SABOR DE ENTROIDO
Esta semana nos recunchos andamos traballando con diversas cousiñas sobre o entroido. No crebacabezas montamos a máscara dun cigarrón, na biblioteca escribimos nomes de disfraces e pintamos a nosa cara. Na plástica comezamos coa elaboración dun antifaz e na casiña facemos un photocool. Estas fotos subirémolas na fin de semana, cando xa todos teñamos pasado polo recuncho.Veredes que divertidas! 

CANTAMOS A ROSALÍA DE CASTRO
Na aula de 5 anos cantamos a cotío estes versos de Rosalía de Castro para conseguir estar caladiños, xa que o moucho vixíanos cos seus ollazos.
| Eu ben vin estar o moucho | ||
| enriba daquel penedo: | ||
| ¡Non che teño medo, moucho, | ||
| moucho, non che teño medo! | ||
Suscribirse a:
Entradas (Atom)