miércoles, 12 de noviembre de 2014

Unhas castañas moi presumidas.

Estes días andamos a traballar o magosto,  as dúas aulas estamos a aprender cancións relacionadas co tema, adiviñas, refráns, contos e a facer cousiñas co froito protagonista desta festa. Aquí vos deixamos unhas castañas moi presumidas coas que repasamos contidos do corpo.

Os primeiros cestiños do magosto.

Xa están chegando ao cole os cestiños para encher de castañas asadas o venres. Noraboa ás familias, son fermosos.

Mural do magosto.

Aquí vos deixamos o mural sobre o magosto elaborado entre todo o alumnado de infantil.