miércoles, 24 de abril de 2013

BUSCAMOS A XOSIÑO.

NA CLASE DE 4 ANOS OS NENOS E NENAS ESTÁN MOI TRISTES PORQUE DESAPARECEU XOSIÑO.
AINDA QUE HOUBO QUEN DI QUE MARCHOU EL SÓ, CREMOS QUE ISO NON POIDO PASAR.
PREGAMOS QUE, SE XOSIÑO ESTÁ NA CASA DALGUNHA FAMILIA  NO LO FAGAN SABER.
GRACIÑAS.

miércoles, 17 de abril de 2013

SEMENTAR SEMENTAREI....

Ola familias, amosámosvos os novos alumnos das nosas aulas, Xosiño (aula de 4 anos) e Kiwiña (aula de 5 anos). A elección dos nomes foi traballo dos nenos/as, no caso de Xosiño era o que máis lles gustaba e no de Kiwiña foi porque dicían que asemellaba  un kiwi.
Todos os días regámola e contamos os "pelos" que lle nace. Ademais "depilámola", é dicir, quitámoslle os pelos que nacen na cara. O alumnado de 5 anos fai cálculo mental, os de 3 e 4 anos contan os pelos que ten cada día, pero os de cinco anotan a cantidade e teñen que calcular cantos pelos novos ten respecto ao día anterior. É moi divertido.
Estamos desexando que lle medre moito o pelo para cortarllo, facerlle coletas,..




lunes, 8 de abril de 2013

E COS DE 5 ANOS...

O alumnado de 5 anos tamén fixo a actividade dos círculos de plastilina e xogaron a ordenalos, pero neste caso os criterios foron o grosor e o tamaño. Resultou un tanto dificil discriminar entre grande-pequeno e groso e delgado e sobre todo ordenalos de grande e groso a pequeno e delgado UFFF! que lío, o resultado non foi de todo malo, seguiremos a insistir.

viernes, 5 de abril de 2013

CANTOS CONTIDOS COMPARTIDOS.

Amosámosvos unha sinxela actividade para facer conxuntamente e na que traballamos moitos contidos á vez e dun xeito lúdico (a psicomotricidade fina, a forma redonda, letra "o", ordenar baixo o criterio de tamaños, medir, comparar,...e tamén moi importante respectar a quenda, as produccións dos outros,...)
Trátase de facer primeiro churriños de plastilina, logo rosquillas ou letras "O" e finalmente ser quen de sós ou coa axuda dos iguais ir ordenandoas de maior a menor, sendo quen de comparalas, sobrepoñelas para medilas,... Para rematar contamos cantas temos. MOI BEN, saliu perfecto e pasámolo xenial.