Ola familias, amosámosvos os novos alumnos das nosas aulas, Xosiño (aula de 4 anos) e Kiwiña (aula de 5 anos). A elección dos nomes foi traballo dos nenos/as, no caso de Xosiño era o que máis lles gustaba e no de Kiwiña foi porque dicían que asemellaba un kiwi.
Todos os días regámola e contamos os "pelos" que lle nace. Ademais "depilámola", é dicir, quitámoslle os pelos que nacen na cara. O alumnado de 5 anos fai cálculo mental, os de 3 e 4 anos contan os pelos que ten cada día, pero os de cinco anotan a cantidade e teñen que calcular cantos pelos novos ten respecto ao día anterior. É moi divertido.
Estamos desexando que lle medre moito o pelo para cortarllo, facerlle coletas,..
No hay comentarios:
Publicar un comentario