martes, 7 de mayo de 2013

SAÍDA POLO DÍA DO LIBRO.

O día do libro, como xa sabedes, fomos a Lalín a escoitar e aprender do ilustrador Pepe Carreira. Moi atentiños aprendimos a debuxar, entre outras cousas, un Bolecha.
Logo recibimos a visita de Braulio e fomos dicirlle ola.
Ainda que algún tivo un pouquiño de medo, pasámolo moi ben.
 Á saída fomos a ver os campos floridos e os parrulos do paseo Pontiñas, estaba un día moi bo. Distinguimos unha oca do resto dos parrulos, comparámolos por tamaños, contamos cantos había pequeniños,....

COA CHEGADA DA PRIMAVERA SEMENTAMOS E SAIMOS A VER FLORES.

Coa chegada da primavera o patio do noso cole quedou precioso por iso saímos a ver as flores.
Ademais sementamos xudías, cebolas e leitugas.
Pasámolo moi ben.

OS NOSOS SEMENTEIROS.

Ola familias amosámosvos o bonitos que quedaron os nosos sementeiros, nestes días xa estamos a ver como medraron as sementes.

Graciñas polas flores que nos enviástedes.