O día do libro, como xa sabedes, fomos a Lalín a escoitar e aprender do ilustrador Pepe Carreira. Moi atentiños aprendimos a debuxar, entre outras cousas, un Bolecha.
Logo recibimos a visita de Braulio e fomos dicirlle ola.
Ainda que algún tivo un pouquiño de medo, pasámolo moi ben.
Á saída fomos a ver os campos floridos e os parrulos do paseo Pontiñas, estaba un día moi bo. Distinguimos unha oca do resto dos parrulos, comparámolos por tamaños, contamos cantos había pequeniños,....
Ola Tere!!!
ResponderEliminarNoraboa por CATIVADAS DA ESCOLA, son seguidora túa e paréceme que fas un moi bo traballo publicando neste blog as actividades que facedes c@s nen@s na escola. Espero que tí tamén sigas o blog da nosa escola para que podamos así compartir experiencias, como compartimos a saída ó auditorio municipal para ver ós Bolechas o DÍA DO LIBRO.
Un saudiño, estamos en contacto!