Facendo caso ao refrán que este mes ía no menú escolar: "Planta a horta polo san Martiño e terás para ti e para o veciño" estivemos a plantar escarola, ravos e pirixil. Ademais separamos os porrais cos paus que nos fóstedes enviando e rotulamos o sementado. Quédanos pendente transplantar cebola vermella ( que está en sementeiros nas aulas ) e poñer os allos, no mes de decembro. Faremos agora un "diario da hortiña " onde recolleremos as datas en que naceu a primeira coliflor, prenderon os ravos, naceu o pirixil, .... traballando así tamén os meses do ano, os números, escritura, ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario