Nas dúas aulas de infantil naceron os ravos que sementamos nos fermosos vasiño que nos enviástedes. Hoxe estivemos rareándoos, deixando só dous ou tres por vaso. En canto medren algo máis transplantarémolos na hortiña que, por certo, está moi bonita. Tan pronto deixe de chover temos tamén que mondar a horta. Uff!!! Canto vocabulario aprendemos: rarear, mondar, transplantar, prender, ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario