Algunhas cousiñas que andamos a facer esta semana nos recunchos son: estampar con globos as cores da eiruga comechona ( verde e amarelo), seleccionar e limpar produtos agrícolas que formarán parte da froitería que no vindeiro mes faremos, confeccionar a propaganda publicitaria de dita froitería con nomes e prezos ( as primeiras palabras dictadas con fonemas para os de catro anos), cortando froita para traballar enteiro e metade, traballo co ordenador nun libro lim sobre a eiruga comechona,....e moiiiitas máis cousiñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario