Nas aulas de infantil, como xa vos indicamos en entradas anteriores, estamos a traballar os trazos, a motricidade fina,...cociñando con debuxos. A idea partiu dun fermoso libro que logo adaptamos as nosas aulas e aos nosos alumnos. Na aula de cinco anos trabállase lendo os nenos a receita e facendo según indica. Na aula de tres e catro anos, como aínda non somos quen de ler a receita e son algo complexas pois a mestra propón a receita cos trazos que lle interesa traballar ( bucles, cadrados, ...) e coas cores que tamén quere reforzar. Aos peques encántalle, ademais deixa voar a imaxinación.
Propoñémosvos agora algunha receita para que xoguedes nas casas cos vosos fillos. So tedes que imprimir a foto do prato que vos amosamos ou debuxalo e.... a cociñar!!!
A actividade permite traballar un sin fin de contidos dende trazos, cores, formas,... ata como poñer a mesa.
martes, 11 de febrero de 2014
A cociña de debuxos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario