Este é un novo material, nada sinxelo, para traballar a motricidade fina. A estas alturas xa somos quen de pegar gomets, insertar bolas, xogar coas pezas do mosaico, ... agora viñeron ao cole dúas arañas, un pouco enrevesadas, ás que os peques terán que quitar as bolas das patas e voltar a poñelas. Para iso deben facer pasar as bolas por un pauciño que terán que xirar e manexar.
O xogo pemite tamén facer seriacións empregando como criterio as cores ( bola verde- vermella- verde-... , por exemplo), xogar coas cantidades ( poñer catro bolas en cada pata, por exemplo),...
Aos nenos/as gustáronlle moito, resultáronlle moi atractivas.
martes, 18 de febrero de 2014
Temos dúas arañas na aula!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario