Non sin tempo, hoxe inaguramos a tenda ecolóxica do noso cole. Ante todo grazas pola colaboración das familias por traer o material solicitado para este proxectiño.
Os contidos a traballar son moitísimos, dende o saúdo e despedida do cliente á tendeira, mercar productos coherentes co prato a cociñar, por exemplo: unha sandía non se cociña con tomate ( ou non é o habitual), lectura de prezos( traballando números e o símbolo de euro €), manexo de moedas e billetes familiarizándonos con eles, o aforro de bolsas co emprego de bolsas reutilizables, gardar turnos, esperar na caixa a que nos toque, recoller, manter unha orde, sumar e restar (os de cinco anos),...
Pasárono moi ben e, para ser o primeiro día a organización non estivo nada mal.
Agora na semana traballaremos lectoescritura coas receitas que nos fagades chegar e iremos varios días á tenda ecolóxica a mercar segundo a lista da compra que as mestras demos, libremente, segundo unha receita,... O fin de semana, novamente, levarán para a casa productos para traballar coas familias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario