Coa chegada do sol chegou a nosa aula a lenda da mitoloxía grega de Ícaro. Aos nenos encantoulle, un xeito diferente de contar unha historia na que aparece vocabulario novo como laberinto, minotauro, illa,... e moi relacionada co sol. O xoves apoiamos a lenda de ilustracións que vimos na pantaia e escoitamos a canción de Ícaro de Presuntos Implicados. O venres repetimos a historia pero agora con unha serie de debuxos, moi sinxelos, que secuenciamos e ordeamos con números ordinais. Ademais novamente escoitamos a canción e bailamos empregando os nosos brazos como ás que se moven suave, lento ou rápido en función da música. Finalmente con anacos de papel fixemos unhas ás.
No hay comentarios:
Publicar un comentario