lunes, 19 de enero de 2015

Aprendendolerendo S

Este é un libro lim que, gracias á axuda prestada polos meus compañeiros Pedro e Fátima, poiden dar  formato as miñas ideas.
Tras un longo traballo de Lectura Global feito no aula cos cativos de tres e catro anos agora damos o paso á sílaba e, posto que no cole contamos con pantaia dixital e tablet parece unha boa idea dixitalizar o traballo.
Neste libro lim pódense atopar palabras que non están separadas en sílabas correctamente ( como por exemplo to-u-pa no canto de tou-pa; ou sa-l en lugar de sal) Tamén se pode atopar mesturado palabras en galego e castelán. Isto é intencionado xa que o que buscamos é que o alumnado recoñeza os grupos silábicos e os fonemas que ata agora traballamos na aula. Ademais está axustado ás necesidades específicas do alumnado da nosa clase en concreto.
O feito de ter este material no blog permite ás familias ter acceso a el para reforzar o traballo na casa


No hay comentarios:

Publicar un comentario