jueves, 26 de junio de 2014

REMATAMOS O CURSO





Remata o curso da agricultura familiar, e coma todos os cursos pasou case sen darnos conta. As mestras de infantil ,queremos aproveitar o noso blog para agradecer a vosa colaboración, dedicación e axuda. 

A título persoal ( escribe Silvia)  fago aquí un oco para despedirme ATA OUTRA. 
Remata o meu traballo no cole de vilatuxe, motivo polo cal estes días ando un pouco triste, porque esta viaxe remata, melancólica e feliz ó mesmo tempo, porque foi unha experiencia INCRIBLE. 

GRACIAS aos meus compañeiros de traballo, por todo o que puiden aprender deles e pola fantástica compañía que coñecín.
GRACIAS ás familias, sen a vosa amabilidade e implicación neste traballo, este estado emocional non sería o mesmo.
GRACIAS os meus 15 pequechos, por ser os protagonistas desta aventura  que pasamos. Compartimos risas, enfados, moitas aprendizaxes, frases para a historia... e nestes últimos días algunha bágoa.

Algún día voltarei, non sei cando nin como, pero voltarei.

Un millón de apertas e  bo verán.


jueves, 12 de junio de 2014

Algunhas fotos da saída.

Imos colgar algunhas fotiños da saída, prometemos poñer máis mañá. Pasárono moi moi ben e portáronse xenial.

martes, 10 de junio de 2014

Traballando sobre os bombeiros.

Como o xoves imos a facer unha visita cultural aos bombeiros, nas aulas de infantil andamos a estudiar algun contido relacionado con esta profesión.

martes, 3 de junio de 2014

Pequena pausa.

Estes días non publicamos no blog. Estamos a facer unha pequena pausa.
Temos os recunchos pechados e andamos a rematar tarefas, a ensaiar para o festival, a aproveitar o bo tempo no patio ( cando o temos), a disfrutar do xogo libre cos compañeiros, xa que en breve acaba o cole e probablemente non teremos tanta compañía para xogar.
Non deixedes de visitar o blog xa que, probablemente na semana próxima colgaremos entradas dos ensaios, da excursión que fagamos, da xornada de xogos populares que teremos no cole a cargo de "Luchi" ...