Remata o curso da agricultura familiar, e coma todos os cursos pasou case sen darnos conta. As mestras de infantil ,queremos aproveitar o noso blog para agradecer a vosa colaboración, dedicación e axuda.
A título persoal ( escribe Silvia) fago aquí un oco para despedirme ATA OUTRA.
Remata o meu traballo no cole de vilatuxe, motivo polo cal estes días ando un pouco triste, porque esta viaxe remata, melancólica e feliz ó mesmo tempo, porque foi unha experiencia INCRIBLE.
GRACIAS aos meus compañeiros de traballo, por todo o que puiden aprender deles e pola fantástica compañía que coñecín.
GRACIAS ás familias, sen a vosa amabilidade e implicación neste traballo, este estado emocional non sería o mesmo.
GRACIAS os meus 15 pequechos, por ser os protagonistas desta aventura que pasamos. Compartimos risas, enfados, moitas aprendizaxes, frases para a historia... e nestes últimos días algunha bágoa.
Algún día voltarei, non sei cando nin como, pero voltarei.
Un millón de apertas e bo verán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario