viernes, 30 de enero de 2015

Carreira solidaria.

No día de hoxe fixemos varias actividades para celebrar o Día da Paz.
Primeiramente vimos unha experiencia de man do alumnado de quinto e sexto do noso cole que se cartearon con nenos / as do Sáhara.
Logo vimos un pequeno documental.  E finalmente fixemos a carreira solidaria para colaborar co programa " vacaciones en paz  " dos nenos / as do Sáhara.

lunes, 26 de enero de 2015

Master chef no cole.

Hoxe fixemos o primeiro taller de cociña, "coquitos".
Pesamos, batemos, mesturamos, ulimos, probamos,...
Falamos de vocabulario novo relacionado coa cociña e os alimentos.

sábado, 24 de enero de 2015

Venres tarde de xogos grupais.

Como xa sabedes os venres ás tardes facemos xogos grupais as dúas aulas de infantil. Este venres foron xogos de imitación.

miércoles, 21 de enero de 2015

Aprendedolerendo L

Este é un libro lim que, gracias á axuda prestada polos meus compañeiros Pedro e Fátima, poiden dar  formato as miñas ideas.
Tras un longo traballo de Lectura Global feito no aula cos cativos de tres e catro anos agora damos o paso á sílaba e, posto que no cole contamos con pantaia dixital e tablet parece unha boa idea dixitalizar o traballo.
Neste libro lim pódense atopar palabras que non están separadas en sílabas correctamente ( como por exemplo to-u-pa no canto de tou-pa; ou sa-l en lugar de sal) Tamén se pode atopar mesturado palabras en galego e castelán. Isto é intencionado xa que o que buscamos é que o alumnado recoñeza os grupos silábicos e os fonemas que ata agora traballamos na aula. Ademais está axustado ás necesidades específicas do alumnado da nosa clase en concreto.
O feito de ter este material no blog permite ás familias ter acceso a el para reforzar o traballo na casa

lunes, 19 de enero de 2015

Aprendendolerendo S

viernes, 16 de enero de 2015

Traballando a arte e un artista.

Na biblioteca do noso centro temos unha escultura dun artista da nosa zona, concretamente de "Willy de Botos". Dita escultura, xunto con fotos e información irá mudando, de xeito que pasado un tempo a escultura irase e virá outra, unha charla informativa....
O alumnado de infantil imos a aproveitarnos desta riqueza que se nos ofrece para traballar a arte astracta, técnicas plásticas diversas, arte musical ( da que Willy tamén se alimentaba),...
Aquí vos deixamos os primeiros pasos neste proxectiño.

Bingo....!

Como xa viñamos facendo no primeiro trimestre, os xoves pola tarde na aula de 4-5 anos xogamos ao bingo de letras, números ou figuras xeométricas.  Inaguramos o trimestre con un bingo co que traballamos as cores e, moito, a atención.

Viñeron os reis.

Canto voltamos ás aulas había unha sorpresa, viñeran os reis magos!! Montamos os xogos e xoguetes e esta semana, por recunchos, fixemos uso deles para aprender xogando.

lunes, 12 de enero de 2015

Aprendendolerendo P