Como o tempo está moi bo, saímos ao patio a transprantar unha pranta moi singular, xa que pode estar aberta ou pechada varias veces ao día en función da claridade que teña. Agora a observala e esperar a que prenda.
miércoles, 30 de septiembre de 2015
Gañando autonomía.
Empezamos xa a facer traballos en gran grupo cos de 3 anos solos, e traballos individuais cos de 4 e 5 anos que,como xa son "maiores", teñen que ir gañando autonomía no traballo e facer as cousiñas sos ou con pouca axuda.
Cos de 3 anos fixemos hoxe un dominó. Logo de perder a metade deles as fichas, de intercambialas, de un que marcha do grupo e outro que se pon a xogar con coche... Por fin o conseguimos. Mañá a repetilo. Cando teñan un coñecemento do material e do xeito de empregalo tamén adquiriran autonomía, alomenos en pequeno grupo.
miércoles, 23 de septiembre de 2015
Pintor.... Ti que pintas con amor...
Hoxe si que nos atrevimos a pintar. Iniciamos aos de 3 anos nas rutinas que esto conleva, poñer e quitar mandilón, non pintar a cara nin ao compañeiro, lavar en auga quente mans e pinceis,... Para ser a primeira vez bastante ben, aínda que algún cambiou o pantalón de color.
viernes, 18 de septiembre de 2015
Que chova que chova...
Seguimos con contidos do outono. Hoxe o grupo de 3 e o de 4 anos tinguimos auga quentiña de cor azul e logo, con unha nube máxica, simulamos o efecto choiva.
miércoles, 16 de septiembre de 2015
Canción de outono.
Ahí queda a canción que inventamos e comezamos a traballar nas dúas aulas de infantil. Animádevos a cantala na casa e pedídelle aos vosos fillos que vos ensinen o baile.
Continuamos introducindo actividades.
Como a adaptación dos neniños novos foi moi boa pois seguimos introducindo actividades. Hoxe cantamos unha canción do outono( que colgaremos no blog en breve para que a poidades cantar nas casas), coloreamos unhas follas de outono (a intención era pintar con tempera na aula de plástica pero estaba moi mal día para ir ata alá, a ver mañá). Picamos e pegamos,....
Para os papás novos decirvos que xa onte foron a ed. Física co profe Carlos e tamén a inglés con Mabel e sen ningún choro nin problema. Son uns campeóns.
martes, 15 de septiembre de 2015
Empezamos....
Como o día a día na clase segue a ser moi tranquiliño.... Pois acordamos meternos xa en profundidade co primeiro centro de interese: o outono.
Así aproveitando a climatoloxía que nos acompaña e o cambio de indumentaria falamos na asamblea do outono e fixemos entre todos unha árbore tridimensional da que penduraremos follas de outono.
Mañá a pintar coa pintura marrón, a ver como se nos dá aos máis peques.
viernes, 11 de septiembre de 2015
Empeza a sentirse o cole na casa.
Así chegaron a miña casa os zapatos do meu fillo, con parte do patio do cole metido neles.
E veume a cabeza que o meu non é o único, por iso lembro o que xa vos comentei na reunión de xuño. O patio de area é moi divertido pero trae esta consecuencia, os pes con area e moitos tamén levan na cabeza e demais.
Logo do recreo da mañá poñémonos todos os de infantil a quitar as areas dos zapatos no corredor do cole. O que acontece é, que logo de comer e, mentras non ven o autobús, algún peque aproveita o patio de novo e é ahí onde recarga de novo os zapatos para non marchar de valeiro.
A partir de outubro quitamos ás areas logo do recreo da mañá é do medio día pero.... Seguramente os que seguen a ir ao patio antes de coller o transporte vos voltarán a levar sorpresa para a casa.
Despois de 4 anos sufrindo na miña casa as areas que me traían e traen os meus fillos ...aconsello que así como entren na casa os descalcedes e sacudades en sitio que non raie. Paciencia.
jueves, 10 de septiembre de 2015
Primeiro día de cole.
Pois aquí vos deixamos algunha fotiño do primeiro día de cole no que xogamos dentro e fora da aula, percorrimos o centro para ir familiarizándonos con el, merendamos, comimos e... Ata tivemos o primeiro cumple do curso.
Os peques uns campeóns, os do curso pasado portáronse xenial e os novos non choraron nadiña.