Logo da ansia de esperar... Chegaron ao cole os Cacharelos, co seu ruído das chocas e os toxos nas mans, co seu traxe que asemella o lume das cacharelas e a súa careta inspirada nun debuxo de Laxeiro do entroido.
Moitos foron os que desfrutaron e uns poucos os que choraron ou se agocharon baixo as mesas. Pero como decía un dos cacharelos... Cando o medo non conleva perigo.... Un pouquiño ata gusta ter medo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario