Calcando coa mesa de luz e coloreando a Catrina, a nosa protagonista deste Samaín.
viernes, 27 de octubre de 2017
jueves, 26 de octubre de 2017
Cabazas e máis cabazas
Co motivo do Samaín fixemos cabazas estampando mazás. Unha vez que secaron démoslle vida, debuxando diferentes caras (CARAS DE MEDO, DE SUSTO, CONTENTAS...). Unha actividade na que afianzamos as partes da cara, a expresión de sentimentos, a cor laranxa, motricidade fina, creatividade...
martes, 24 de octubre de 2017
Pescando números.
Os de tres aniños seguimos co 1 e 2, esta semana toca diferencialos do resto e pescar, con una cana imantada, as tapas de metal que teñen estas grafías.
Unha semana monstruosa!
Esta semana estamos co tema do samaín. Xa temos a nosa porta monstruosa, sudokus de samaín, o corredor decorado... Xa vos iremos amosando todo o que estamos facendo!
viernes, 20 de octubre de 2017
Experiencia II :tintes naturais
Logo de sementar nas piñas, ven a experiencia II, tinte natural.
Os peques estiveron na cociña vendo como cocía a remolacha e a cor que deixaba na auga. Logo pintamos coa remolacha cocida e mesturamos a súa auga con unha bebída de burbullas, con alcohol e noutro recipiente metimos auga soa e auga con remolacha no fondo.
Entre medias comparamos tonos, claro escuro, tamaños dos botes, debatemos, fixemos suposicións e sacamos conclusións.
Resultado .... anacos de tea e depresores, tinguidos de diferentes tonalidades. Eso si, tivemos que observar varios días para ver resultados.

A vista e o gusto.
A semana pasada traballamos os ollos e o sentido da vista, e esta, estamos co gusto, a boca e a hixiene bucal. Aquí quedan traballiños das dúas aulas relacionados con estes contidos.
Matemáticas para todos.
Uns co 1 e o 2 e outros coa decena, a unidade e os tamaños e equivalencias. Así de ben traballamos xogando
martes, 17 de octubre de 2017
Curso 17/18
Benvidos ao noso e voso blog, onde a partir de hoxe colgaremos imaxes e comentarios do día a día das nosas aulas de infantil.
Tardamos moito en publicar por estar a espera das autorizacións de imaxe, pero agora si, deixámosvos unha ampla tira de algúns momentiños dos cativ@s na escola.
Podedes ver como estamos xa inmersos no proxecto deste curso,en concreto co corpo humán e máis concreto coa cara.
Tamén amosamos momentiños de bandexas Montessori que supoñen moita organización e supervisión para obter o resultado que buscamos delas.
Estrenamos nas dúas aulas unhas fermosas mesas de luz que nos fixo o noso magnífico conserxe Nica.
Traballamos contidos de outono a partir da observación, manipulación,...
Fixemos actividades na biblioteca do cole.
Mostramos tempos libres de lecer na aula, onde uns prefiren crear cos tacos de madeira, outros ler e outros xogar aos médicos, por exemplo.
E tamén podedes ver algunha actividade de matemáticas Abn de conteo, recta numérica,....así como actividades de lectoescritura.
Esta entrada é moi ampla e remexida, estade atentos que as próximas son xa concretiñas.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)