Benvidos ao noso e voso blog, onde a partir de hoxe colgaremos imaxes e comentarios do día a día das nosas aulas de infantil.
Tardamos moito en publicar por estar a espera das autorizacións de imaxe, pero agora si, deixámosvos unha ampla tira de algúns momentiños dos cativ@s na escola.
Podedes ver como estamos xa inmersos no proxecto deste curso,en concreto co corpo humán e máis concreto coa cara.
Tamén amosamos momentiños de bandexas Montessori que supoñen moita organización e supervisión para obter o resultado que buscamos delas.
Estrenamos nas dúas aulas unhas fermosas mesas de luz que nos fixo o noso magnífico conserxe Nica.
Traballamos contidos de outono a partir da observación, manipulación,...
Fixemos actividades na biblioteca do cole.
Mostramos tempos libres de lecer na aula, onde uns prefiren crear cos tacos de madeira, outros ler e outros xogar aos médicos, por exemplo.
E tamén podedes ver algunha actividade de matemáticas Abn de conteo, recta numérica,....así como actividades de lectoescritura.
Esta entrada é moi ampla e remexida, estade atentos que as próximas son xa concretiñas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario