jueves, 28 de noviembre de 2013

Traballando o hórreo.

Este mes estivemos traballando a casa e a familia e, para axeitalo ao proxecto deste ano, centrámonos na casa de aldea, nos hórreos e nos muíños.  Cada aula, logo da visita ao hórreo que nos amosou o avó de Anxo, fixemos un mural no que ademais sinalamos as partes que vemos na clase ( en funcion de cada idade). Así nos quedou.

martes, 26 de noviembre de 2013

OS LIBROS DA HORTA


AS CORES DA HORTA - foto montaje


Relacionado co proxecto da biblioteca todas as aulas nos comprometemos a elaborar un libro sobre a horta. Con esta tarefa traballáronse moitos contidos que poderedes ver na folla informativa que acompaña ó libro, cando chegue as vosas casas.
Aquí deixamos unha mostra do proceso de elaboración dos libros nas aulas de infantil. Agardamos que vos guste e desfrutedes del cos vosos fillos e fillas.

lunes, 25 de noviembre de 2013

Xa rematamos unha casa de paxaros.

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos rematamos xa a nosa casa de paxaros, enchémola de algodón e colocámola no xardín do cole, preto da horta. Para facela empregamos unha caixa de madeira dunha botella de viño e algo de imaxinación. Os de cinco xa logo rematan a súa. Mentres tanto deixámosvos fotos da primeira.
Agora.... a esperar aos paxaros.

viernes, 22 de noviembre de 2013

Agradecementos.

Gracias ás familias por enviarnos os murais sobre hórreos e muíños e a información e maquetas sobre estas edificacións. Gracias tamén polos murais da familia. Todo este material empregámolo no aula e os vosos fillos/as están orgullosos.

Saída.

Como xa sabedes hoxe fomos á carpintería do papá de Laura. Alí amosounos moitas cousas sobre madeira, roupa de seguridade, ... tamén nos amosou, con moito inxenio, como facer xoguetes con madeira. O certo é que os cativos pasárono moi ben, portáronse xenial e os papás de Laura fixérono moi ben, moi organizado e axeitado aos peques. Finalmente regaláronnos pinceis, pontura e os xoguetes para que os rematemos no cole.
Logo fomos á casa de Anxo para visitar un hórreo.  Logo de invadirlle a casa os 29 nenos e nenas vimos un hórreo por fora e por dentro.
Graciñas ás dúas familias.

Os encargados do día.

Os encargados do día,  ademais de poñer o día da semana e do mes, de poñer nun panel quen esta na casa e quen na escola, de repartir os nomes dos nenos, axudar á mestra, conducir o tren nas entradas e saídas,.... agora tamén ten que poñer,  neste panel que vos amosamos, o seu nome, o número de letras do mesmo e, na parte de dentro do panel facer un debuxo del ou dela escollendo ollos, pelo, nariz,  .... e debuxar con xiz o corpo. Así afianzemos o esquema corporal.  ENCANTANOS.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

Casualidade.

Cando estivemos debullando, algún gran de millo caeu nun sementeiro que tiñamos con terra na aula. Por outro lado cando apañamos noces no patio unhas poucas quedaron nun caldeiriño na clase.
Pois.... casualmente fixámonos e do gran de millo naceu unha plantiña e da noz a raíz do que será a árbore.  Aproveitamos para estudiar as partes dunha planta.

Plantamos no baño.

Esta semana puxemos platamos plantiñas no baño.  Agora temos que coidalas e respectalas, non regar moito, non encher de xabón, non tocalas nin tiralas,.... A sensación de hixiene que crean, o respecto polas cousas, a estética, orde, ....
Levamos tres días con elas e o resultado é moi bo.

lunes, 18 de noviembre de 2013

Creando as notas para a casa.

Para elaborar a árbore de Nadal as mestras de infantil pedimos aos nenos/as que ata o nove de decembro traian ao cole tubos do papel hixiénico pintados de verde.
O alumnado de cinco anos xa levou hoxe a nota que eles mesmos escribiron, unha boísima idea, ian máis contentos coa nota...!!!.

viernes, 15 de noviembre de 2013

Tarde de magosto.

Hoxe celebrámolo magosto. Esperamos que, ademais das castañas que cada neno levaba no bandullo, chegaran a todas as casas castañas asadas polo panadeiro, ricas e quentiñas.

Graciñas polos paus.

Gracias ás familias por mandarnos os paus, quedounos a horta moi ben.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

Variedade de actividades.

Seguimos a proporcionar ao noso alummado actividades diversas, motivadoras,  coas que poidan compartir experiencias, coñecementos, que potencien a imaxinación,  a búsqueda de resolución de problemas, as habilidades de pensamento. Que traballen dende un enfoque que agrupa distintas perspectivas, que aprendan a compartir, a respectar, que forme mentes abertas que escapan da rixidez...

Plantando polo San Martiño.

Facendo caso ao refrán que este mes ía no menú escolar: "Planta a horta polo san Martiño e terás para ti e para o veciño"  estivemos a plantar escarola, ravos e pirixil. Ademais separamos os porrais cos paus que nos fóstedes enviando e rotulamos o sementado. Quédanos pendente transplantar cebola vermella ( que está en sementeiros nas aulas ) e poñer os allos, no mes de decembro. Faremos agora un "diario da hortiña " onde recolleremos as datas en que naceu a primeira coliflor, prenderon os ravos, naceu o pirixil, ....  traballando así tamén os meses do ano, os números, escritura, ...

viernes, 8 de noviembre de 2013

Seguimos peneirando e cribando.

Esta semana foron os de cinco anos os que traballaron co cribo e a peneira, observaron as diferencias e parecidos que hai entre ambas, estimaron, fixeron predicións, suposicións,... e pasáronno xenial!!!

"Imitamos un modelo".

A imitacion dun modelo dado, dun xesto facial ou corporal, dun movemento, de sons ou secuencias de sons... a través de recursos como xoguetes, fotos, debuxos, humans ou recursos informáticos é, sen dúbida, un boísimo exercicio de atención,  concentración,  organización,  espera de tempos, extrapolación... Calquera pode facelo. Animádevos na casa a xogar a imitar cos vosos fillos!!

martes, 5 de noviembre de 2013

Introducindo o cadrado na aula.

Algunhas actividades que fixemos para introducir a forma cadrada na aula aos de tres e repasala os de catro anos.
Fermoso libro o de " por cuatro esquinitas de nada" con un transfondo moi sensible e boísimo para traballar cos nenos. Aínda que hoxe só o empregamos para visualizar e distinguir cadrados de círculos. Podedes velo en YouTube e compartilo cos vosos fillos. Momentos tenros que provoca un conto entre pais e fillos.

Xa naceron os ravos!!!

Nas dúas aulas de infantil naceron os ravos que sementamos nos fermosos vasiño que nos enviástedes. Hoxe estivemos rareándoos, deixando só dous ou tres por vaso. En canto medren algo máis transplantarémolos na hortiña que, por certo, está moi bonita. Tan pronto deixe de chover temos tamén que mondar a horta. Uff!!! Canto vocabulario aprendemos: rarear, mondar, transplantar, prender,  ...

lunes, 4 de noviembre de 2013

Imos coa casa de aldea!!!

Ola familias iniciamos o mes de novembro traballando en torno ao centro de interese da casa e a familia. Concretaremos, posto que estamos co proxecto de agricultura familiar, coa casa de aldea e coñeceremos os hórreos e muíños.INVITÁMOSVOS A QUE VEÑADES AO COLE, a que nos contedes unha adiviña, lenda, retahíla, ... co gaio da SEMANA DA TRADICIÓN ORAL.
Para aqueles que o falar en público non lle guste tamén lle facemos unha proposta, que faga unha casiña de paxaros (nos faremos unha entre todos ) ou maqueta dun hórreo, para os máis atrevidos.
AGRADECEMOS DE ANTEMÁN A VOSA COLABORACIÓN. Aos cativos encántalle que a súa familia participe no cole.

viernes, 1 de noviembre de 2013

Máis fotos do SAMAÍN.

Ademais dos contidos populares que traballamos no cole relacionados co Samaín, tamén aproveitamos, especialmente en infantil, para traballar  o medo, para " rirnos" do medo,  distinguir entre autenticidade e ficción ( moitas veces os peques preguntan.... existen as bruxas? Por exemplo).
Máis contidos asociados ao Samaín: escoitamos, visualizamos e bailamos unha obra de música clásica de  Camille Saint-Saëns "Danza macabra", escoitamos contos de vampiros, bruxas,... aumentando vocabulario ( tamén en Inglés).  Incluso entrenamos a coordinación oculo manual con un divertido xogo que fixo a profe de Inglés e que vos amosamos en fotos.