jueves, 30 de enero de 2014

Día da Paz.

Hoxe celebramos o día da Paz comendo, antes do recreo, pombas de millo que os peques viron facer. Ademais falamos do que é a Paz e, novamente, da carreira solidaria que mañá faremos e da charla e presentación que mañá venres teremos no cole e á que estades todas as familias convidadas a vir ás 11:45.

Recunchiños dos de cinco anos.

Seguimos tendo como protagonista dos recunchos á eiruga comellona. Por iso pintamos as froitas que comeu, facemos unha eiruga con papiroflexia,  xogamos co taboleiro da eiruga traballando as matemáticas...

miércoles, 29 de enero de 2014

Cociñando con plasti.

Como todos os mércores, pola tarde, traballamos con plasti. No primeiro trimestre sentímola, cheirámola, aprendemos a ablandala, a facer churros, bolas, ... e moito xogo libre con ela.
Agora, neste trimestre centrámonos na imitación dun modelo como base da aprendizaxe. Primeiro ESCOITAMOS-ATENDEMOS a explicación, os pasos a dar. Logo CREAMOS. Finalmente PRESENTAMOS o traballo.
Como estamos co tema dos alimentos pois.... cociñamos con plasti!!!. A semana pasada fixemos tortas con 4 candeas. Este miércores tortillas recheas de patacas.
Co paso do tempo tentaremos facelo xa respetando as cores da plasti ( con máis cores e máis concretas)  e non mesturando.

Ideas para días de choiva.

Como estes días de choiva e frío estamos máis na casa cos peques, podemos cociñar (xa que no cole estamos co tema dos alimentos) pero cociñar dun xeito creativo.
Ahí van algunhas ideas que dan ganas de comelas.

Aprendo-lerendo.

Como xa se indicou na folla deste mes iniciámonos nun método de lectoescritura de creación propia que está dando bo resultado. Estamos na terceira semana e no ámbito da lectura xa coñecemos varias palabras con M, varias letras e atopamos similitudes silábicas, fonéticas,... entre palabras. Ademais nas primeiras palabras escritas, demostramos o resultado positivo da lectura globalizada.
Deixo imaxes dos primeiros días e de como estamos agora.
SERÍA UN BO MOMENTO PARA VIR A TITORÍAS E ESCOITAR, MÁIS POLO MIÚDO, COMO APLICAMOS ESTE MÉTODO DE LECTOESCRITURA PARA PODER COMPLEMENTALO NO FOGAR.

Traballiños en equipo desta semana.

Estos son algúns dos traballos que esta semana facemos repartidos nos recunchos.

Máis actividades sobre a eiruga comellona.

martes, 28 de enero de 2014

Canta con Mama Cabra

Esta é unha canción que estos días estamos a traballar nas aulas. Está moi relacionada co centro de interés que traballamos dos alimentos.

lunes, 27 de enero de 2014

O xogo da oca, modelo eiruga.

O alumnado de cinco anos xa pode xogar a este bonito xogo.

Mochilas viaxeiras.

Hoxe empezaron a ir para as casas as mochilas viaxeiras cheas de aventuras para compartir en familia. Por favor coidádeas e pasadeo ben con elas.

Trasplantando as cebolas.

O venres aproveitando un momentiño de sol o alumnado de cinco anos trasplantou as cebolas. Os de tres e catro todavía non as temos para trasplantar están moi miudas.
Aproveitamos para dar as grazas a nai de Alba de 4 anos polas escarolas,  xa forman parte da nosa horta.

martes, 21 de enero de 2014

Algunhas actividades da semana.

Algunhas cousiñas que andamos a facer esta semana  nos recunchos son: estampar con globos as cores da eiruga comechona ( verde e amarelo), seleccionar e limpar produtos agrícolas que formarán parte da froitería que no vindeiro mes faremos, confeccionar a propaganda publicitaria de dita froitería con nomes e prezos ( as primeiras palabras dictadas con fonemas para os de catro anos), cortando froita para traballar enteiro e metade, traballo co ordenador nun libro lim sobre a eiruga comechona,....e moiiiitas máis cousiñas.

sábado, 18 de enero de 2014

A eiruga comechona e as TICs.

Como xa sabedes estamos a traballar nas dúas aulas de infantil un coñecido conto "la pequeña oruga glotona". Son moitas as actividades que facemos na aula, nos correxores, no caderno,... sobre esta eiruguiña. Tamén empregamos, como en moitas ocasións, as novas tecnolixías para visionar o conto, como fai un casulo unha eiruga, como se convirte en bolboreta ou xogar coa pizarra dixital e un libro lim moi bonito sobre este conto.

Volta a traballar nos recunchos, volta a compartir contidos cos amigos.

Logo das vacacións de Nadal as nosas aulas voltan á normalidade. Empezamos esta semana o traballo por recunchos onde tratamos contidos variados.

miércoles, 15 de enero de 2014

A eiruga comechona.

Agora tamén en galego.
Para quen non coñece este conto pode velo na entrada anterior a esta ou buscalo en YouTube. 
Trátase dun conto moi coñecido, principalmente en inglés, e traducido en varios idiomas.
Na nosa biblioteca do centro témos un exemplar en castelá e outro en galego.  Nas nosas aulas estamos a traballalo en galego aproveitando para aprender vocabulario de froitas ou hortalizas como ameixas, amorodos, cogombros,... que saen no libro e non soemos empregar.
Estamos a construir unha eiruga xigante no corredor con lámpadas de papel, unhas eirugas comechonas para coordinación oculo manual, títeres,....tamén estamos traballando no caderno os números,  lectoescritura, días da semana, seriacións,... todo relacionado con este conto. Xa vos iremos amosando. De momento deixámosvos estas eiruguiñas.

O inverno.

Gardada xa a ornamentación de Nadal estamos a preparar, nos recunchos do arte das aulas de infantil, elementos relacionados co inverno para decorar logo o corredor. Para isto empregamos material diverso pinturas, algodon, ...incluso o mural que podedes ver sobre fondo azul está pintado con púas de piñeiros.

martes, 14 de enero de 2014

A eiruga comechona. La oruga glotona.

 
Estamos traballando o conto "La oruga glotona" " A eiruga comechona" un conto que lles encanta aos máis pequenos e que poidemos empregar para traballar os números (ordinais e cardinais), o conteo, os días da semana, as cores e os alimentos, a alimentación san. Tamén pódese empregar cos máis maiores de Infantil para traballar a metamorfose dalgún animal.
 Atopamos un documento PDF con imaxes do conto para imprimir e traballar con elas. Podedes facelo na casa aproveitando os días chuviosos.
La oruga glotona en pdf
Tamén podedes empregar esta presentación compartida en slideshare:


                 



Canción de La oruga glotona




domingo, 12 de enero de 2014

Feira do libro.

Graciñas a todos pola vosa participación na feira do libro organizada en decembro.  Coa axuda de todos recadamos 140 euros que se invertiron en DVDs xa que compría renovar esa sección.
Na marxe dereita do blog de infantil tedes un enlace ao blog do colexio onde poderedes ter máis información sobre esta feira.