viernes, 28 de febrero de 2014

Feliz entroido.

Hoxe celebramos o baile de entroido.  Non sabemos como chegaron os vosos fillos ás casas,  nos acabamos agotadas!!! Jjjjj.
Pasámolo moi ben.  Bailamos, xogamos e rematamos a festa con piñatas cheas de lamberetadas.
Voltamos o xoves con unha sorpresa na biblioteca para os cativos.
Que teñades un bo entroido.

PHOTOCOOL NO RECUNCHO DA CASIÑA

martes, 25 de febrero de 2014

RECUNCHOS CON SABOR DE ENTROIDO

Esta semana nos recunchos andamos traballando con diversas cousiñas sobre o entroido. No crebacabezas montamos a máscara dun cigarrón, na biblioteca escribimos nomes de disfraces e pintamos a nosa cara. Na plástica comezamos coa elaboración dun antifaz e na casiña facemos un photocool. Estas fotos subirémolas na fin de semana, cando xa todos teñamos pasado polo recuncho.Veredes que divertidas!     

CANTAMOS A ROSALÍA DE CASTRO



Na aula de 5 anos cantamos a cotío estes versos de Rosalía de Castro para conseguir estar caladiños, xa que o moucho vixíanos cos seus ollazos.

Nesta data tan sinalada parécenos moi axeitado que vexades que ben o facemos.


Eu ben vin estar o moucho                                 
enriba daquel penedo:
¡Non che teño medo, moucho,
moucho, non che teño medo!


Nova palabra: " recuncheando"

Algunhas cousiñas que andamos a facer nos recunchos.

lunes, 24 de febrero de 2014

Día de Rosalía.

Hoxe 24 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro. Na aula de 3 e 4 anos escoitamos poemas de Rosalía e como foi a súa vida. Como nos pareceu un tanto triste acordamos, e xa que está ahí o entroido, disfrazar a Rosalía de paiaso para que se poña leda. Así, e xa que os luns å tarde soemos colorear seguindo un modelo,  deixamos a Rosalía guapísima.

martes, 18 de febrero de 2014

Expresións faciais.

Cada o día o encargado ten que comentar o seu estado de ánimo. Ata o de agora dicía se estaba triste,  contento ou enfadado. Nesta semana ampliamos os estados de ánimo e traballamos máis a linguaxe corporal. Creamos uns monicreques con distintas expresións faciais. O encargado de cada día terá que escoller un, o que el queira, e amosarllo ao resto facéndolles o xesto. O resto dos compañeiros respóstanlle coa mesma expresión.

Traballando a pirámide dos alimentos e a feira do cocido.

Estos son os vosos fillos, da aula de cinco anos, traballando coa pirámide dos alimentos e contidos relacionados coa feira do cocido.

Temos dúas arañas na aula!!!!

Este é un novo material, nada sinxelo, para traballar a motricidade fina. A  estas alturas xa somos quen de pegar gomets, insertar bolas, xogar coas pezas do mosaico, ... agora viñeron ao cole dúas arañas, un pouco enrevesadas, ás que os peques terán que quitar as bolas das patas e voltar a poñelas. Para iso deben facer pasar as bolas por un pauciño que terán que xirar e manexar.
O xogo pemite tamén facer seriacións empregando como criterio as cores ( bola verde- vermella- verde-... , por exemplo), xogar coas cantidades ( poñer catro bolas en cada pata, por exemplo),...
Aos nenos/as  gustáronlle moito, resultáronlle moi atractivas.

viernes, 14 de febrero de 2014

Polo día do San Valentín.... bicos e corazóns para todos.

Que é o amor? Preguntamos as mestras. Algunhas respostas dos vosos fillos:
- Quererse moito.
- Dar bicos ( e añaden) na boca.
- Ser amigos.
- A madriña ten un mozo ( esta fíxonos moita gracia)
- Eu quero a Alberto,  di outro.
-.....
No día de hoxe contamos no cole contos de amor da nosa biblioteca que achegan aos pequenos unha versión adaptada, as súas idades, do que é  o amor.
Ademais os pequechos fixeron tarxetas de amor, "aprenderon" a facer corazóns a partir dunha letra M, e recortaron corazóns cos que montamos a árbore do amor.
Os de cinco anos traballaron o bico e relacionárono coa arte, concretamente con unha obra:"El beso" de Klimt.
Así quedaron os nosos taboleiros.
E así marchamos para a casa coa cara chea de corazóns. Esperamos que algún chegara aos fogares para regalar aos seres queridos.

TITORIAL: "COMO FACER UN OVO FRITIDO"


Como xa saberedes agora está moi de moda os titoriais en internet.  Nos quixemos facer algún no noso blog. Iniciámonos nesto co tutorial de como facer un ovo fritido,  para aqueles que máis dunha vez tiveron que escoitar eso de...." non sabe nin fritir un ovo" jjjj

Non nos quedou moi ben, froito da espontaneidade, podería ser máis preciso nas explicacións, máis lento, mellor pronunciación, enfoque,... pero é o primeiro.
Con esa mesma expontaneidade queremos compartilo.
Eso sí,  o titorial amosa o traballo manual, especialmente de dedos, que require o modelar a plastilina. Eso é moi bo entrenamento especialmente para os cativos que teñen trazo débil e cansan ao escribir, colorear, non dan feito trazo firme, ...





jueves, 13 de febrero de 2014

Seguimos a cociñar coa plasti.

Esta semana cociñamos.... ovos fritidos, UMMM...
Agora xa discriminamolas cores. Pasámolo moi ben.
O traballo coa plastilina ten de fondo un amplo traballo de motricidade fina. Non é tan sinxelo para os cativos o feito de poñela blandiña, estarricala, facer bolas, churros,...
Ademais deste traballo motriz estan contidos como grande-pequeno, groso-delgado, enriba-debaixo, ... contidos que algúns aprendimos coa típica ficha de:" colorea o paxaro máis groso", por exemplo. E obxectivos como coordinación óculo-manual, a imitación dun modelo como base de aprendizaxe, secuenciacción de varias accións para un mesmo obxectivo, o traballo cooperativo, en equipo...

martes, 11 de febrero de 2014

A cociña de debuxos.

Nas aulas de infantil, como xa vos indicamos en entradas anteriores, estamos a traballar os trazos, a motricidade fina,...cociñando con debuxos. A idea partiu dun fermoso libro que logo adaptamos as nosas aulas e aos nosos alumnos. Na aula de cinco anos trabállase lendo os nenos a receita e facendo según indica. Na aula de tres e catro anos, como aínda non somos quen de ler a receita e son algo complexas pois a mestra propón a receita cos trazos que lle interesa traballar ( bucles, cadrados, ...) e coas cores que tamén quere reforzar. Aos peques encántalle, ademais deixa voar a imaxinación.
Propoñémosvos agora algunha receita para que xoguedes nas casas cos vosos fillos.  So tedes que imprimir a foto do prato que vos amosamos ou debuxalo e.... a cociñar!!!
A actividade permite traballar un sin fin de contidos dende trazos, cores, formas,... ata como poñer a mesa.

sábado, 8 de febrero de 2014

A nosa froitería.

Como xa vos anunciamos, en breve empezaremos con un proxectiño sobre unha froitería, que nos permitirá traballar contidos como a alimentación,  vocabulario, o sistema monetario, a lectura e escritura, contidos matemáticos, ... todo isto en función de cada idade. Xa vos informaremos máis polo miúdo do proxecto. De momento xa temos os folletos publicitarios listos, xa lavamos e colocamos a tenda, fixemos carteis, etiquetamos,... casi temos todo listo. Nesta semana contamos termiñar de perfilar obxectivos e contidos e.... a aprender xogando!!!

A lectoescritura na aula de tres e catro anos.

Como xa sabedes estamos iniciándomos na lectura e escritura, cada un ao seu ritmo. Iniciámonos fai un mes con imaxes de cousas que empezan por M e de ahí imos pouco a pouco comparando as palabras, reparando nas sílabas ( os de catro anos), nas letras... Tamén traballamos a escritura copiando esas palabras, facendo dictado por fonemas ( os de catro anos), .... un proxecto demasiado amplo para explicar en poucas liñas.
Agora mesmo obtivemos, en xeral, moi bo resultado.
Na semana que entra empezamos co L.

Así organizamos os recunchos e así traballamos neles.

viernes, 7 de febrero de 2014

A VIDA DO BOSQUE ( I )


A vida do bosque


Un divertido xogo, perfecto para estes días de choiva. Animádevos a xogar! PREME NA IMAXE para acceder.

DEBUXO COOPERATIVO

Hoxe na aula de 5 anos fixemos un debuxo cooperativo. En grupiños pequenos facemos un debuxo sen ver o que está facendo o compañeiro do lado. Cando se indica cambio o que debuxa esperta ao compañeiro do lado quen terá que continuar co debuxo. Unha vez que rematamos inventamos un título. Saiunos xenial!! Repetirémola seguro, pois reforzanse valores moi importantes como a aceptación dos demais, normas do xogo, a creatividade, a relaxación....
AQUÍ DEIXAMOS MOSTRA