Así atopamos na aula de 3-4 os xirasois hoxe.
lunes, 31 de marzo de 2014
Así temos a aula.
Como xa sabedes estamos nun método de lectoescritura global. Agora mesmo xa estamos inmersos na sílaba. Así é como está a nosa aula, no que andamos a traballar.
sábado, 29 de marzo de 2014
Flores primaverais.
Algunha maneira máis de facer flores en equipo, con estampación ou co mosaico para fortalecer a motricidade fina e imitar un modelo.
jueves, 27 de marzo de 2014
Toca esperar e observar.
Xa temos nas dúas aulas de infantil os xirasois plantados. Agora toca esperar e observar como medran.
Mural sobre sementes.
Aquí quedan unhas fotos dos nenos e nenas de cinco anos que andan a elaborar un mural sobre sementes co que ademais se traballan os tamaños, as formas, as cores, escritura,....
domingo, 23 de marzo de 2014
Traballando na horta.
Aproveitando os raiños de sol aumentamos a nosa plantación con xudias, leitugas, amorodos e patacas.
Charla ecolóxica.
Nas actividades previstas para o día da árbore estaba plantar un Madroño, rotular as árbores do patio acompañando a actividade con versos e charla sobre agricultura ecolóxica. Debido ao mal tempo só poidemos facer esta última.
Xa é primavera.
Coa chegada da primavera.... traballamos na horta, sementamos xudías, patacas e amorodos. Na aula sementamos xirasois, fixemos flores estampando patacas,.. .
Seguimos na tenda.
Esta semana seguimos a mercar e vender na tenda. Non levaron para a casa os productos porque o venres coa actividade da charla estivemos xustas de tempo.
domingo, 16 de marzo de 2014
FERRAMENTAS PARA TRABALLAR NAS NOSAS HORTAS.
Esta semana comezamos a traballar con algunha obra de arte relacionada coa agricultura. A través delas veremos distintos apeiros e ferramentas de labranza. Nesta imaxe hai algunha delas.
viernes, 14 de marzo de 2014
Abrimos as portas da nosa tenda ecolóxica.
Non sin tempo, hoxe inaguramos a tenda ecolóxica do noso cole. Ante todo grazas pola colaboración das familias por traer o material solicitado para este proxectiño.
Os contidos a traballar son moitísimos, dende o saúdo e despedida do cliente á tendeira, mercar productos coherentes co prato a cociñar, por exemplo: unha sandía non se cociña con tomate ( ou non é o habitual), lectura de prezos( traballando números e o símbolo de euro €), manexo de moedas e billetes familiarizándonos con eles, o aforro de bolsas co emprego de bolsas reutilizables, gardar turnos, esperar na caixa a que nos toque, recoller, manter unha orde, sumar e restar (os de cinco anos),...
Pasárono moi ben e, para ser o primeiro día a organización non estivo nada mal.
Agora na semana traballaremos lectoescritura coas receitas que nos fagades chegar e iremos varios días á tenda ecolóxica a mercar segundo a lista da compra que as mestras demos, libremente, segundo unha receita,... O fin de semana, novamente, levarán para a casa productos para traballar coas familias.

miércoles, 12 de marzo de 2014
Un día fóra das aulas.
Hoxe tivemos un día moi atarefado. Pola mañá na casa do Patrón e pola tarde na horta. De seguro que chegaron cansadiños, sucios e cheos de cousas que contar.
viernes, 7 de marzo de 2014
CHEGOU O SOL.
Coa chegada do sol chegou a nosa aula a lenda da mitoloxía grega de Ícaro. Aos nenos encantoulle, un xeito diferente de contar unha historia na que aparece vocabulario novo como laberinto, minotauro, illa,... e moi relacionada co sol. O xoves apoiamos a lenda de ilustracións que vimos na pantaia e escoitamos a canción de Ícaro de Presuntos Implicados. O venres repetimos a historia pero agora con unha serie de debuxos, moi sinxelos, que secuenciamos e ordeamos con números ordinais. Ademais novamente escoitamos a canción e bailamos empregando os nosos brazos como ás que se moven suave, lento ou rápido en función da música. Finalmente con anacos de papel fixemos unhas ás.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)