viernes, 14 de marzo de 2014

Abrimos as portas da nosa tenda ecolóxica.

Non sin tempo, hoxe inaguramos a tenda ecolóxica do noso cole. Ante todo grazas pola colaboración das familias por traer o material solicitado para este proxectiño.
Os contidos a traballar son moitísimos, dende o saúdo e despedida do cliente á tendeira, mercar productos coherentes co prato a cociñar,  por exemplo: unha sandía non se cociña con tomate ( ou non é o habitual), lectura de prezos( traballando números e o símbolo de euro €), manexo de moedas e billetes familiarizándonos con eles, o aforro de bolsas co emprego de bolsas reutilizables, gardar turnos, esperar na caixa a que nos toque, recoller,  manter unha orde, sumar e restar (os de cinco anos),...
Pasárono moi ben e, para ser o primeiro día a organización non estivo nada mal.
Agora na semana traballaremos lectoescritura coas receitas que nos fagades chegar e iremos varios días á tenda ecolóxica a mercar segundo a lista da compra que as mestras demos, libremente,  segundo unha receita,... O fin de semana, novamente, levarán para a casa productos para traballar coas familias.

miércoles, 12 de marzo de 2014

FOTO GRUPAL EN DOADE.

Non foi doado xuntarnos todos, por iso vai en dúas fotos.

Un día fóra das aulas.

Hoxe tivemos un día moi atarefado. Pola mañá na casa do Patrón e pola tarde na horta. De seguro que chegaron cansadiños, sucios e cheos de cousas que contar.

viernes, 7 de marzo de 2014

CHEGOU O SOL.

Coa chegada do sol chegou a nosa aula a lenda da mitoloxía grega de Ícaro. Aos nenos encantoulle, un xeito diferente de contar unha historia na que aparece vocabulario novo como laberinto,  minotauro, illa,... e moi relacionada co sol. O xoves apoiamos a lenda de ilustracións que vimos na pantaia e escoitamos a canción de Ícaro de Presuntos Implicados.  O venres repetimos a historia pero agora con unha serie de debuxos, moi sinxelos,  que secuenciamos e ordeamos con números ordinais. Ademais novamente escoitamos a canción e bailamos empregando os nosos brazos como ás que se moven suave, lento ou rápido en función da música. Finalmente con anacos de papel fixemos unhas ás.